O auditorio de San Bieito acolle este domingo a representación de “A verdadeira historia de Robinson Crusoe e Venres”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaCalendario
A-
A+

O concello da Guarda organiza, este domingo día 12 de xullo, unha noite de teatro coa representación de “A verdadeira historia de Robinson Crusoe e Venres”. Esta obra, que está distribuída por “Maladombra Teatro” e protagonizada polos actores Fran Ameixeiras e Fran Campos,  é unha disparatada comedia para tódolos públicos que conta a convivencia de dos personaxes, un “civilizado inglés” e un “salvaxe indíxena”, nunha illa deserta.

O conflito entre ambos estala cando Robinson intenta “educar” a Venres e ensinarlle as costumes da civilización, coa intención de facer del un home e convertelo nunha especie de escravo. A historia mostrará dous xeitos de ver a vida e, ademais de provocar risa entre o público, tamén motivará a reflexión.

O espectáculo, que terá lugar no Auditorio de San Bieito, é para todos os público e totalmente gratuíto.

A hora de comezo é as 20,30 horas.

8 de xullo de 2015 | 11:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.