O atletismo nacional estará pendente de Xixón co Torneo de Federacións Autonómicas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O sábado nun remocicado Estadio das Mestas de Xixón, terá lugar una das citas obrigadas da tempada, o Campionato de España de FFAA; coa presenza de moitos dos atletas que van brillar ao seguinte fin de semana en Castelló. A Sociedade Ximnástica de Pontevedra, contará coa presenza de 11 dos seus atletas vestindo a camiseta autonómica, o que demostra a gran tempada que están a realizar os membros da veterana Sociedade.

Se o ano pasado estiveron 3 atletas con Galicia, agora na vila asturiana serán 5 ximnásticos os que compitan baixo a bandeira galega, Santi Ferrer Alonso, no salto con pértega; Jorge Puig, nos 1.500 metros; Víctor Galego, no lanzamento de peso; Darío Costas, no 4×100 e Anxo Vargas, no 4×400.

Por parte da Federación Andaluza, Alberto Guerreiro, nos 800 metros; Emilio Martín, nos 3.000 metros e Lysvanys Pérez, no salto de altura; son os elixidos da entidade pontevedresa. Coa selección madrileña veremos a Julián Ortiz, nos 110 metros valas e Gonzalo Sánchez-Camacho no 4×100. E por Castela-León, Ignacio Sarmiento terá dobre traballo, nos 400 metros valas e a substitución 4×400.

Será unha longa xornada atlética xa que as 17 FFAA que compiten conxuntamente en homes e en mulleres, participarán nun total de 42 probas, para dilucidar ao Campión de 2015. Cataluña defende título, pero Madrid, Andalucía Valencia e Castela-León estarán á espreita.

Galicia, quinta o ano pasado, tentará coarse entre este cinco selecciones e talvez tentar soñar cunha medalla.

 

23 de xullo de 2015 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.