O Alondras presenta a Álex Gómez e Agujetas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportes
A-
A+
Presentación dos novos xogadores

Presentación dos novos xogadores

Esta tarde foron presentados no Campo de O Morrazoos dous últimos reforzos do Alondras CF, o centrocampista Álex Gómez procedente do Ribadumia e o central Jaime Agujetas que chega dende o Gondomar,nun acto no que amosaron a súa ilusión por vestir a camiseta do Alondras CF.

Pola súa parte o vigués Agujetas indicou que chegou a Cangas porque é un equipo competitivo, dos mellores de terceira. É un club que cada ano está na zona de arriba e este ano apunta alto, o obxetivo debe ser acabar entre os catro primeiros. Ademais é un equipo no que ten amigos e “en canto me enterei que fichaban Diz e Benja xa non dubidei”. Respecto ó seu novo adestrador di que se identifica co seu estilo, cre que van a traballar ben xuntos, pois a ambos lles gusta xogar o fútbol, xogar co balón e levar a iniciativa nos encontros. O central de 23 anos cre que pode aportar calidade a zaga alondrista e que, malia súa xuventude, lle pode aportar a súa experiencia ó Alondras, pois xa xogou catro tempadas en terceira co Bouzas.

Mentres Álex Gómez, sinala que o verdadeiro motivo polo que fichou polo club blanquivermello é porque “o Alondras é un equipo serio, que fai ben as cousas” e non dubida en afirmar que “o obxectivo deste Alondras é estar nos catro postos de arriba, porque se está a facer un bo equipo”. O novo centrocampista do equipo cangués declara que para el o importante é xogar e contribuír co Alondras e el considera que pode aportar traballo, experiencia e polivalencia pois pode xogar tanto na banda como na mediapunta. Iso dependerá de seu novo adestrador de quen di ter moi boas referencias, como un técnico ó que lle gusta facer un xogo combinativo, xogar ó fútbol, ter o balón e levar o peso do partido. O de Cotobade indica que é un bó estilo para el, que lle vai ser doado adaptarse o xogo de seu novo equipo.

Jacobo Montes continúa a preparar a pretemporada cos 28 xogadores cos que conta ata o momento a espera dalgún descarte antes do inicio de liga. Para iso terá encontros amigables nos que probar ós seus homes, como o que disputarán este domingo ás 19:30  fronte o Moaña, no Casal.

23 de xullo de 2015 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.