publicidade hoxe

O Alondras CF presenta como novo xogador a Fiuza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportes
A-
A+
Presentación de Fiuza

Presentación de Fiuza

Miguel Fiuza xa luce de blanquivermello, tras posar esta tarde coa camiseta do club cangués na súa presentación. Fíxoo nun acto no que estivo acompañado do presidente LuisGuimeráns e no que o central procedente do Somozas expresou os seus deseosde volver a disputar un play off de ascenso.

O de Cee presentábase satisfeito coa súa firma polo club cangués ao cal chegou gracias a Jacobo Montes con quen adestrou no Choco o último mes e medio da pasada tempada. Este suceso debeuse a que o seu traballo estaba en Vigo e o que por entonces era seu adestrador no Somozas, Míchel Alonso, conversou co seu amigo Jacobo Montes para que Fiuza adestrase en Redondela pola semana e xogase o fin de semana en Somozas. O feito de que o central buscase un equipo desta zona fixo que cando recibiu a chamada de Jacobo para contarlle o seu proxecto para o Alondras non o dubidase. “Jacobo é un gran adestrador, gústame seu  estilo. Sei como traballa, é un técnico que estuda moito ós rivais e consigue que tódolos xogadores fagan o 100% o que el di e iso da grandes resultados” afirma o xogador.

En canto ós seus novos compañeiros ten boas referencias do equipo. Ademais admite que tamén foi positivo na súa chegada a Cangas o feito de que Pablo Berros, que xogara con el dous anos no Somozas, renovase pola entidade blanquivermella.

Fiuza, que acadou o ascenso co Somozas e xogou a pasada campaña na 2ªB, admite que sempre da pena ir a unha categoría inferior, pero non o considera un paso atrás. “Son un afortunado por poder compaxinar o meu traballo co fútbol, nunha categoría como a terceira que é semiprofesional”, recoñece o futbolista.

A uns días de cumprir 28 anos, defínese como un xogador serio, que aportará seguridade e contundencia ó equipo. O seu 1’82 m sérvenlle para aportar goles a balón parado que xunto cos contragolpes son fundamentais no fútbol de terceira.

Do deseo da fase de ascenso di que “teño ganas de volver a xogala. É unha gran experiencia, que che aporta moito”. “Este equipo ten que loitar por estar arriba”.

O presidente do Alondras afirma que sería imposible traelo se non fora porque o seu traballo o achegou ó Morrazo, xa que o feito de ser de tan lonxe o ía complicar. A súa vez, amosábase satisfeito coa chegada dun xogador tan importante como Fiuza “é algo extraordinario, houbo esta posibilidade e aproveitámola”, “vainos dar un plus de seguridade e axudará a acadar o obxectivo” sentenciaba LuisGuimeráns.

Polo de agora o Alondras, que ten previsto comezar a pretemporada o 15 de xullo, conta cun total de 16 xogadores que son: o porteiro Martín; os defensas Rubén ,Casti, Pitu e Javi; os centrocampistas Leiro,Berros, Abel, Mauro e Iván; os dianteiros Andrés, Firi e Joni, mais as recentes fichaxes: o mediapunta Diego Diz, o lateral esquerdo Rafita e o propio Fiuza.

1 de xullo de 2015 | 20:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.