O alcalde lalinense visita as obras do colexio de Vilatuxe

Rafael Cuíña na visita ao centro educativo
Rafael Cuíña vista as actuacións que se están a desenvolver no colexio de Vilatuxe. Con respecto o que está a executar a brigada de obras do Concello (porque outra parte corresponde á consellería de Educación) os operarios municipais acondicionaron o areeiro do patio de xogos, substituiron as tapas das caixas das persianas, puxeron mobles novos na recepción, cambiaron as portas de 5 aulas e pintaron o interior dunha aula. Tamén se colocou unha celosía no pasamanos e estase a reparar o alicatado do baño do pavillón deportivo.











