O alcalde de Ourense reitera a vontade do goberno municipal de seguir negociando para buscar acordos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, reiterou esta mañá aos grupos políticos do Concello a vontade do goberno municipal de seguir negociando e buscar acordos para acometer as modificacións orzamentarias que o Concello precisa para o presente ano. Na busca dese consenso, e por acordo unánime cos demais grupos, o goberno municipal retirou da orde do día da Comisión de Pleno desta mañá o expediente de modificación orzamentaria 1p/2015 aprobado en xunta de goberno local.

O goberno municipal presentará a aprobación por parte do Pleno do Concello do vindeiro día 30 de xullo unha primeira modificación, que permitirá dotar crédito para o pago inmediato de débedas procedentes de exercicios anteriores, por importe de 3,16 millóns de euros, máis a parte destinada a convenios con diferentes entidades, por importe de 713.237,48. 

O goberno municipal seguirá en diálogo permanente cos grupos políticos municipais durante a próxima semana buscando un acordo que permita presentar ao Pleno do Concello no mes de agosto unha segunda proposta de modificación que inclúa as demais partidas de gasto e investimento precisas para este ano 2015.

24 de xullo de 2015 | 10:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.