publicidade hoxe

O alcalde de Gondomar recibe ao Club Patinaxe Artistico Gondomar e do Club de Tenis de Mesa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+
Recepción ao club de Patinaxe Artístico

Recepción ao club de Patinaxe Artístico

Na tarde de hoxe o alcalde Paco Ferreira acompañado das concelleiras Nuria Lameiro e Iria Lamas recibiron ao CLUB PATINAXE ARTISTICA GONDOMAR para homenaxealo por todos os seus logros nos campionatos deste ano 2015 que xa vimos anunciándovosdende o concello.

O acto  consistiu nunha felicitación persoal do alcalde Paco Ferreira polos logos conseguidos para os compoñentes deste club e moi especialmente ás patinadoras Miriam, Iria e Denis polos seus resultados no campionato celebrado en Reus.

Tambien fíxoselle entrega por parte da concelleira Nuria dun ramo de flores e un trofeo dende o concello como agradecemento para estescampións que locen con orgullo o nome de Gondomar en todas as súasactuacións tanto locais, coma autonómicas, nacionais e mesmo europeas,desexándolles que sigan loitando polas súas ilusións e conseguindo todo o que se propoñan como gran club que xa son nestes momentos.

Neste acto tamén se llefixo entrega dun trofeo de recoñecementoaocampión Gondomareño do CLUB DE TENIS DE MESA que ten unhatraxectoria de máis de 12 anos de antigüidade o cal estivo en división de honra e ten nassúas filas a campións de España como é o caso de Martin, ou Enrique Fernández 3º de Europa aínda que no dia de hoxe o homenaxeado é Anxo Iglesias que vén de lograr un merecido 3º posto do campionato de España.
Paco Ferreira séntese moi orgulloso que sendo Gondomar un concello modesto teña entre as súas filas a grandes campións como neste caso no Club de Patinaxe e no Club de Tenis de Mesa e anima a todos a que continúen con todos estes logros e remata dicindo que, “esta claro que Gondomar é berce de Campións”

16 de xullo de 2015 | 20:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.