O alcalde de Cangas reúnese cos empresarios de Portela

Reunión do alcalde cos empresarios
O alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, o edil de urbanismo, Mariano Abalo, técnicos do concello e empresarios do PERI (Plan Especial de Reforma Interior) da Portela reuníanse esta mañá no Concello previo a xuntanza que terán este xoves na Secretaría Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela.
A reunión que se efectuaba esta mañá buscaba emendar as melloras que se lles piden dende a Secretaría Xeral de Urbanismo para sacar adiante o polígono da Portela. O vindeiro xoves, en San Caetano, os representantes do goberno, técnicos do Concello e empresarios defenderán o PERI, que xa está aprobado provisionalmente polo Concello.
A intención é obter un informe favorable da Secretaría Xeral de Urbanismo, de maneira que o Concello poida aprobar o PERI definitivamente. Pazos afirma que a intención é evitar que se retrase máis a aprobación definitiva do mesmo.











