publicidade hoxe

O alcalde da Lama supervisa os traballos de ensanche do Camiño de Porto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Lama
A-
A+
O alcalde da Lama na visita ás obras

O alcalde da Lama na visita ás obras

O alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, revisou os traballos de ensanche do camiño de Porto, na parroquia de Verducido, a través dos cales se mellorará o acceso do tráfico rodado a este lugar especialmente daqueles vehículos de emerxencia que tiñan graves problemas para circular debido ao estreito do viario e ao sinuoso do seu trazado. 

Estes traballos puideron realizarse grazas ao consenso logrado polo alcalde, Jorge Canda, coa gran maioría dos propietarios das leiras lindeiras que cederon unha pequena parte dos seus terreos para poder proceder á súa ampliación e ensanche.

Ademais da ampliación da calzada se procedio á correspondente construción dos muros de contención necesarios para asegurar o novo viario o que ocasionou un maior gasto económico debido ao uso de perpiaños de gran tamaño.

Estas obras de ensanche foron realizadas polo Concello da Lama dentro dos traballos de mellora emprendidos nos últimos tempos no municipio para conseguir unha fluída comunicación entre os distintos núcleos habitados e favorecer que o tráfico poida circular con maior seguridade viaria evitando ter que realizar perigosas manobras de marcha atrás e cesión de paso que, ás veces, resultan moi complicadas de executar.

1 de xullo de 2015 | 20:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.