O adoquín situado no Cantón coa rúa Carme será levantado ante a súa deficiente instalación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A área de Urbanismo do Concello de Ferrol decidiu que se proceda a levantar o adoquín que estaba situado nas obras do Cantón na confluencia coa rúa Carme, debido a que se constatou unha deficiente colocación.

Dende a concellería de Urbanismo, que preside a edil María Fernández Lemos, tomouse esta decisión ao comprobar que o modo en que se colocou este adoquín non era o máis adecuado para unha zona peonil. 

No proxecto inicial aprobado durante o anterior mandato do Partido Popular esa zona, lembrouse dende a Concellería, figuraba con pavimento de formigón. Sen embargo, o propio goberno do PP decidiu introducir unha modificación neste aspecto e cambiar este tramo de formigón por adoquín. Sen embargo, debido á deficiente colocación destes adoquíns, agora tivéronse que levantar as pedras que xa estaban postas. 

Urbanismo está agora a decidir cal vai ser a mellor solución para este tramo co fin de lograr unha finalización correcta da obra. 

27 de xullo de 2015 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.