Nova organización municipal do Concello de Palas de Rei

Pleno de Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei, celebrou, no día de hoxe, unha sesión plenaria de carácter organizativo municipal, con varios puntos na orde do día. Nesta sesión organiativa aprobouse a composición da Xunta de Goberno local formada por:
– Alcalde: Pablo Taboada
– 3º Tenentes de alcalde: José Ramón García; Fernándo Pensado, María Aurora Vila Agra.
As Xuntas de Goberno local, quedaron en se celebrar, o 1º e 3º mércores de cada mes.
A periodicidade das sesión plenarias ordinarias, quedou establecida en una cada 2 meses, tendo lugar, o 3º xoves ás 2horas da tarde (dos meses pares).
Crease a Comisión Especial de Contas, formada polo: alcalde e un concelleiro do Grupo Municipal Popular e un do Grupo Municipal Socialista.
Tamén, nesta sesión plenara de carácter organizativo, aprobáronse os representantes do Concello nos órganos Colexíados (Colexio Público e IES do Camiño), donde actuará María Aurora Vila, como representante do Concello. Tamén se pon en coñecemento a designación dos portavoces de ámbos grupos:
-Polo socialista: Horacio Rouco e de suplente José Ramón López Bruzos.
-Polo popular: Fernando Pensado, como portavoz.
Asimesmo, tamen se deu conta das delegacións de competencias do pleno na Xunta de Goberno local en materia de: licencias, xestión económica do Concello, contratación, etc.
Tamén se acordou propoñer a Maria Aurora Vila Agra como tesoreira do Concello de Palas de Rei para esta lexislatura.
No mesmo pleno, aprobáronse o réxime de dedicacións exclusivas para os membros da corporación:
– Unha dedicación exclusiva para o alcalde, Pablo Taboada, nunha cuantía de 31.353,22 euros brutos(incluidos gastos da Seguridade Social e do IRPF)
– Unha dedicación exclusiva para o Concelleiro delegado en materia de Obras e Servicios, Amando Sande Agra, por unha cuantía de 24.000 euros brutos (incluido gastos da Seguriadade Social e do IRPF)
– Unha dedicación exclusiva para a concelleira delegada de Servicios Sociais, Alba Villasante Torres, cuantía de 21.000 euros brutos (incluido gastos da Seguriadade Social e do IRPF).
Tamén se procedeu ó nomenamento de Manuel Vázquez Pacín, como Xuíz de Paz, Titular, para os próximos 4 anos.
O alcalde, Pablo Taboada, resalta que se continua coas mesmas ou similares retribucións económicas nos membros da corporación, cumplindo exactamente o que marca a Lei Reguladora de Bases de Réxime Local, modificada pola Lei de Sostenibilidade e racionalización da administración local, que establece tres dedicacións exclusivas para os Concellos de máis de 3.000 habitantes. O alcalde, Pablo Taboada, resaltou que tanto el como a delegada de Servicios Sociais non representan un maior coste para as arcas locais, ó ser ámbos, funcionario e persoal laboral do Concello de Palas de Rei. O alcalde tamén mencionou que esas plazas non ían ser cubertas, polo que o custe para o Concello palense, sería idéntico. O alcalde valorou estas medidas dunha maneira positiva e de contención do gasto, porque como a propia lei de réxime local establece un salario de 40.000 euros máximo para o acalde-presidente, desta forma, o rexedor de Palas de maneira voluntaria opta por percibir solo o salario que lle correspondía como funcionario da administración. En todo caso, o custe da Corporación palense non representará máis do 2,4% do presuposto municipal do Concello de Palas de Rei.
Tamén se procedeu a aprobación dun plan económico financiero para os anos 2015-2016.











