Nova observación astronómica en Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O Observatorio de Lalín organiza para este xoves, 23 de xullo, ás 22.30 horas, unha nova xornada de visionado do ceo nocturno. Nesta actividade, á que acudirá un profesor do observatorio de Santiago de Compostela, poden participar todas aquelas persoas interesadas que se inscriban previamente no Museo Municipal. Por mor do reducido do espazo, só poderán tomar parte nesta observación un total de 25 persoas, en quendas e por orde de chegada.

Diplomas dos cursos da UNED

Todos aqueles alumnos que realizaron algúns dos cursos de extensión universitaria e precisen o seu certificado correspondente, poden recollelo no Museo Municipal, en horario de 8.30 a 14.00 horas pola mañá e de 19.00 a 21.00 horas polas tardes.

Os certificados que están a disposición dos alumnos son os das seguintes materias:

-Portugués de preparación para a avaliación do Instituto Camoes.

-Como falar en público sen que che domine o medo escénico.

-Curso de inglés comunicativo (nivel básico e medio).

-Medioambiente dende unha perspectiva local.

20 de xullo de 2015 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.