Nova exposición en Bueu de pinturas dos alumnos de Salvador Escaneo
A partir de hoxe, os visitantes e cidadáns buenenses poderán ver unha nova exposición na sala Domínguez Búa. Desta volta, os alumnos do pintor Salvador Escaneo serán os protagonistas cunha mostra que incluirá as súas pinturas ao óleo. Esta exposición vén tras a recompilación de varios traballos de costura e pintura que a Asociación de Mulleres Rurais do Mar e do Agro quixo mostrar durante a semana pasada.











