Nova entrega das tertulias de Diálogos en educación co profesor Xosé Manuel Cid Fernández

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O Concello da Guarda continúa ofrecendo gran variedade de actividades e opcións para que os veciños e veciñas da localidade, e tamén os visitantes, se entreteñan e se divirtan nestes días de verán.

Este xoves, 30 de xullo, terá lugar a cuarta entrega das tertulias enmarcadas dentro do ciclo “Diálogos en educación”. O encargado de conducir esta nova charla, que leva por título “Mestras e mestres republicanos: o compromiso coa modernidade educativa” será o Profesor da Universidade de Vigo, Xosé Manuel Cid Fernández. 

Esta nova charla será celebrada, como vén sendo habitual, no espazo exterior dentro do vello colexio dos Xesuítas, no Pasaxe. Atendendo a que os días xa van sendo cada vez máis cortos, ó igual que na entrega anterior, a tertulia comezará ás 20 horas.

Esta actividade, de carácter divulgativo, está concibida coma un coloquio informal, aberta a todo o público, malia que o tema a debater sexa de carácter educativo. 

A seguinte cita será o 20 de agosto, e nela o debate xirará entorno o tema “Luces e sombras na política educativa galega dende a Transición Democrática, e correrá a cargo do catedrático da Universidade de Santiago, Antón Costa Rico.

As seguintes datas serán o 27 de agosto e o 3 e 10 de setembro.

28 de xullo de 2015 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.