Nova edición do concurso de figuras de area na praia do Muíño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Este domingo día 19, celébrase na praia do Muíño da Guarda, o XXIV Concurso de Figuras de Area. Como en anteriores edicións, nas que chegaron a ser case 200 participantes, o Concello espera que sexan moitos os nenos e nenas que se animen a participar nesta divertida iniciativa.

Aqueles rapaces e rapazas interesados en concursar deberán inscribirse a partir das 11 da mañá no propio areal. A proba comezará ás 12 horas.

Esta edición do concurso contará cunhas bases que regularán o desenvolvemento do mesmo. 

Os nenos e nenas poderán participar nas categorías individuais segundo a súa idade. Así haberá unha de 3 a 5 anos, outra de 6 a 9, a seguinte de 10 a 12 e a última de 13 a 16 anos. Na categoría de grupos están permitidos ata catro compoñentes. 

Todos os rapaces e rapazas que participen neste concurso terán un agasallo. Ademais o xurado escollerá o 1º e 2º premiado de cada unha das categorías. 

Con esta actividade dende o Concello buscan fomentar a orixinalidade e o traballo en grupo dos máis pequenos.

15 de xullo de 2015 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.