Noriega recibiu ao presidente da Academia Galega de Belas Artes

Noriega na reunión con Manuel Quintana
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu en Raxoi o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo. Entre outras cuestións, no encontro conversaron sobre a recente decisión da Academia de dedicar o Día das Artes Galegas 2016 a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.











