Nerea Lores Acuña gaña o certame Novos Valores 2015 da Deputación de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O xurado dos premios Novos Valores 2015, que convoca a Deputación de Pontevedra, seleccionou 38 obras para a exposición que se realizará a finais de xullo e concedeulle o primeiro premio (4.000 €) do certame a Nerea Lores Acuña, de Marcón, Pontevedra, por unha obra de escultura titulada Serie s/t, partitura.

Os artistas seleccionados para expoñer os seus traballos durante un mes no Museo de Pontevedra foron 4 na modalidade de debuxo, 10 na de escultura, 8 no apartado de fotografía, 3 no de gravado, 9 no de pintura, 3 no de vídeo e 1 no capítulo “varios”.

Ademais de Nerea Lores foron premiados Borja Santomé, de Pontevedra, co segundo premio (3.000 €) por unha obra de vídeo animación titulada Historia Cerebro; Cristina Durán, de Pontevedra, e Iatir Fernández Pidal, de Gondomar, co terceiro premio (2.000 € para cada un) por obras de fotografía; e María José Prada, de Pontevedra, Pablo Rodríguez Barreiro, de Meaño, e Aarón Sanromán, de Vigo, co cuarto premio (1.000 € para cada un) por obras de gravado, escultura e pintura, respectivamente.

O xurado dos premios Novos Valores 2015 estivo formado por Ana Isabel Vázquez (deputada-presidenta de Cultura); os vogais Juan Fernando de Laiglesia González de Peredo, escultor e catedrático de escultura da Universidade de Vigo, Francisco Porto Varela, director da revista de arte contemporánea Latamuda, Paula Cabaleiro Comesaña, xestora cultural, Silvia García González, decana da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Carmen M.ª Hermo Sánchez, artista, Fátima Cobo Rodríguez, coordinadora de exposicións, en representación do Servizo de Cultura; e o secretario Antonio Santos Guerra, xefe do Servizo de Cultura.

3 de xullo de 2015 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.