publicidade hoxe

Nemesio Rey é o novo responsable da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+

Na mañá de onte, reuníase en convocatoria extraordinaria o Padroado da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, a fin de tratar diversos temas de xestión xeral. Desta mesma reunión, saíu nomeado Nemesio Rey, novo responsable da entidade. 

A penas a dous meses de celebración da XXIX Feira Internacional do Moble de Galicia, Nemesio Rey, empresario local estreitamente vinculado ao sector da madeira e o moble, retoma a vacante deixada por Mercedes Cuiña Puente, quen presentara a súa renuncia irrevogable ao cargo, con data 31 de decembro do pasado ano.

Con este nomeamento por parte do Padroado da entidade, péchase unha paréntese, durante o cal, o persoal da entidade traballou baixo as directrices marcadas polo propio Comité Executivo, presidido por José López Campos.

Á data, a entidade vén traballando activamente no seu próximo certame de promoción económica: XXIX Feira Internacional do Moble de Galicia. Este certame, atópase en fase de comercialización espacial e ultimando detalles dos actos paralelos á propia celebración do mesmo.

O actual responsable, Nemesio Rey, tratará de imprimir o seu sinal ao certame e verificar e dar o visto e prace ao desempeñado até a data polo persoal da entidade.

O nomeamento do novo responsable, contou co beneplácito e a maioría dos membros presentes no Padroado da entidade.

21 de xullo de 2015 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.