Música e cine na praza do Reló
Mañá, xoves 30 de xullo, a Agrupación Municipal da Guarda organiza, dentro dos eventos conmemorativos do seu X aniversario e coa colaboración do Concello, un Concerto de Bandas Sonoras de Películas. Mentres a Banda Municipal interpreta as bandas sonoras más relevantes tanto do cine nacional coma do internacional, os asistentes ó espectáculo poderán desfrutar coa proxección das imaxes das películas ás que pertencen.
Entre outros temas, a agrupación deleitará coa banda sonora dalgunha película de Charles Chaplin, de Piratas do Caribe, da Pantera Rosa, da Máscara do Zorro ou da película Memorias de África. O espectáculo estará presentado polo actor e director guardés Nani Matos. A cita será ás 22,30 horas na Praza do Reló. A entrada é totalmente gratuíta e o espectáculo é apto para todo tipo de público.











