publicidade hoxe

Moraña entrega os premios da IV edición da ruta de tapas “Espétalle un pincho”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoraña
A-
A+
Entrega de premios

Entrega de premios

A alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro Arcos a concelleira de Deportes, Yolanda García Castro e o  concelleiro de Cultura, Adrián Fernández-Albor Batallán, fixeron entrega esta mañá dos galardóns do certame “Espétalle un pincho, ruta gastronómica adicada ao carneiro que se celebrou en Moraña os días 3 e 4 de xullo. O Salón de Plenos acolleu o acto no que se recoñeceu aos tres locais de hostalaría de Moraña elixidos polo xurado entre a ducia de establecementos participantes nesta cuarta edición.

O primeiro premio foi para Casa O Cruce pola súa proposta de “Pesebre de carneiro”. Casa Marcial levou o segundo galardón pola súa “Tapa de carneiro con ledicia de mel e romeu” e a medalla de bronce recaeu para Casa Varela con “Magdalena de carneiro”.  Os hostaleiros gañadores recibiron un diploma acreditativo do seu bo facer nos fogóns e un agasallo que consistiu nunha figura de cerámica galega.

A gran fin de semana de Moraña

A XLVI Carneiro ó Espeto® 2015 chega ao seu final esta fin de semana coa celebración da Gran Gala Carneiro ó Espeto o sábado 25 e o Extraordinario Xantar do Carneiro ó Espeto o domingo 26.  As orquestras Costa Oeste e Alkar serán as protagonistas da noite do venres 24 de xullo, a quen lle sucederá a cantante Merche e os concertos de La Edad del Oro Español, Banda Rock-Pop Emaneaes e Festa Kioto o sábado 25 de xullo. O colofón da festa, o Extraordinario Xantar Carneiro ó Espeto que terá lugar o domingo 26 na carballeira de Santa Lucía, estará amenizado das actuacións das orquestras Filadelfia e Limón. 

22 de xullo de 2015 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.