Moncho Fernández está presente no II Campus CB Os Toscones
O adestrador do Rio Natura Monbus Obradoiro, Moncho Fernández, participou no II Campus CB Os Toscones de Corralejo (Forteventura). Nel estiveron a traballar con 60 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 7 e os 17 anos.
Moncho Fernández cualifica a experiencia canaria como moi boa. “Foi moi gratificante formar parte por uns días da familia do CB Os Toscones. Vivín unha gran experiencia con eles e tiven a oportunidade de traballar con moitos nenos e nenas que amaban o baloncesto”.
Ademais, o adestrador obradoirista quedou encantado co lugar do Campus. “O Campus do CB Os Toscones é o único que se realiza en Fuerteventura, e o certo é que é un lugar precioso e as súas xentes tratáronme fantasticamente. É un lugar idóneo para que os nenos e nenas poidan combinar deporte e diversión ao aire libre”.
O II Campus do CB Toscones contou coa dirección de Fidel Umpiérrez. “Estou moi satisfeito pola evolución e progresión dos xogadores e do mesmo campus, xa que a pesar das dificultades o campus saíu ao pedir de boca e contar con adestradores deste nivel é un luxo”.
Moncho Fernández estivo acompañado polo tamén adestrador Hugo López. Agora o técnico obradoirista volve a Santiago para continuar coa preparación da pretemporada e volta ao traballo do Rio Natura Monbus Obradoiro.











