publicidade hoxe

Mercedes Casanova Díaz renova como presidenta de Cruz Vermella na provincia da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBetanzos
A-
A+
Mercedes Casanova

Mercedes Casanova

Mercedes Casanova Díaz foi ratificada o pasado martes por Javier Senent, presidente nacional de Cruz Vermella Española, como presidenta da Organización na provincia da Coruña. Casanova, de 47 anos, é licenciada en dereito e técnica de comunicación e proxectos nunha entidade supramunicipal da provincia. É natural de Betanzos, localidade na que é voluntaria de Cruz Vermella desde 1992, primeiro na sección xuvenil da mesma (Cruz Vermella Mocidade) e máis tarde nos diferentes proxectos sociais da entidade. Desde 2003 é presidenta da asemblea comarcal de Betanzos, posto que deixa agora para ocupar a presidencia provincial da Organización.

24 de xullo de 2015 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.