Mellor marca de Jorge Puig no Memorial Pablo Mougán de Santiago
A Sociedade Ximnástica de Pontevedra desprazouse a Santiago de Compostela cunha vintena de atletas, que realizaron nas pistas Universitarias de Atletismo, a súa última competición antes do Campionato de Galicia Absoluto. Destacar a vitoria de Jorge Puig, que volveu realizar marca persoal, esta vez na distancia de 800 metros con 1.54.15, que lle deron o trofeo á mellor marca da competición. Xunto con Jorge, os ximnásticos sumaron 6 vitorias máis, Iván Docampo nos 3.000 metros, con 8.46.33, Carolina Santos nos 500 metros, Lucía Cardesín nos 600 metros, Claudia Puig no lanzamento de xavelina xuvenil, e Pedro Santos no lanzamento de xavelina infantil. Tamén se sumaron outros segundos postos, a cargo de María Jiménez no salto de lonxitude, Marco Martínez na proba de Altura e Pablo Tojal no salto con pértega.











