publicidade hoxe

Medio Rural e do Mar informa da situación dos lumes forestais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOímbraPadrendaSantiago de CompostelaSucesosTrasmiras
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08:30 horas de hoxe.

Activo Padrenda

Permanece activo desde as 01:50 horas desta madrugada un incendio forestal no concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima. Segundo estimacións provisionais, afecta a unha superficie de arredor de 50 hectáreas en terreos de Rede Natura. No seu control traballan 3 axentes forestais, 5 brigadas, 3 motobombas e 1 pa.

Estabilizado Oímbra

Permanece estabilizado desde as 05:40 horas de hoxe o lume rexistrado no concello ourensán de Oímbra, parroquia homónima. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de arredor de 100 hectáreas. Nos labores de control traballan 7 axentes forestais, 20 brigadas, 10 motobombas, 2 pas e 5 helicópteros.

Controlado Santiago

Desde as 08:05 horas desta mañá permanece controlado o incendio rexistrado en Santiago de Compostela, parroquia de Figueiras. O lume iniciouse ás 16:49 horas de onte e segundo estimacións provisionais afecta a unha superficie de 60 hectáreas. Na súa extinción levan traballado 1 técnico, 15 axentes forestais, 24 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 6 avións.

Neste lume foi desactivada a “Situación 2” ás 21:27 horas de onte, tras decretarse como medida preventiva ás 19:05 horas. Esta situación operativa de emerxencia declárase cando o lume pode afectar á poboación e a bens non forestais e require a adopción inmediata de medidas de protección e socorro.

Controlado Trasmiras

Permanece controlado desde as 20:50 horas de onte o lume rexistrado no concello de Trasmiras, parroquia de Chamosiños, que comezou ás 18:00 horas. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. Nos labores de extinción traballan 4 axentes forestais, 12 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 5 avións.

24 de xullo de 2015 | 10:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.