Maxi Kleber non continuará no Rio Natura Monbus Obradoiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Maxi Kleber comunicou ao Rio Natura Monbus Obradoiro a execución da cláusula que lle permitía rescindir o seu contrato para a tempada 2015/16. O xogador de 2,07 metros e 23 anos recalou o pasado verán no conxunto galego, onde promediou -nos 33 partidos da súa primeira tempada na liga Endesa- 11.5 puntos (51.3% en tiros de dous, 33.3% en triplos e 81.2% en libres) e 6.5 rebotes en 25 minutos, para 13.2 de valoración.

O club quere agradecer publicamente a Maxi a súa importante contribución á consecución dos obxectivos, así como o seu compromiso e profesionalidade, e deséxalle os maiores éxitos no devir da súa carreira.

1 de xullo de 2015 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.