Manuel Baltar é relixido presidente da Deputación de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Baltar tras ser elixido presidente da Deputación

Baltar tras ser elixido presidente da Deputación

Manuel Baltar foi elixido hoxe presidente da Deputación de Ourense para o cuadrienio político 2015-2019, nunha sesión plenaria que tivo lugar no Salón de Plenos do Pazo Provincial de Ourense na que quedou constituída a nova corporación provincial, que presenta unha renovación do 68 % -a máis importante da historia da institución provincial- con 17 novos deputados e deputadas. Trala constitución da mesa de idade e comprobación de credenciais tomaron posesión os 25 deputados e deputadas, quen procederon á votación resultando elixido presidente Manuel Baltar, con 14 votos a favor (os que integran o grupo do Partido Popular), e obtendo 8 votos José Ignacio Gómez Pérez, candidato á Presidencia polo grupo do PSOE, e 2 votos Gonzalo Pérez Jácome, do grupo de Democracia Ourensana, rexistrándose un voto en branco.

No seu discurso, Manuel Baltar destacou a importancia “de facer máis política para facer máis Ourense” e “defender leal e contundentemente os intereses de Ourense por riba da calquera outros”, “un Ourense que forma parte dunha Galicia que será máis forte canto máis fortes sexamos nós”. O presidente do goberno provincial avogou por unha nova etapa “de máxima cooperación e participación”, afirmando que os grupos da oposición son “grupos de alternativa de goberno” e que esta lexislatura “debe estar marcada pola aposta pola política”. Nesta liña, adiantou seu ofrecemento para delegar a un representante dos grupos de alternativa de goberno a presidencia da comisión informativa de Economía e Facenda.

A sesión plenaria contou coa presenza de representantes políticos e institucionais e dos ámbitos empresarial, cultural e social. Entre eles, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o vicepresidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro; o delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez; o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e os ex presidentes da institución provincial José Luis Baltar e Eduardo Olano, así como deputados nacionais e autonómicos.

Relación de deputados e deputadas

PP: José Manuel Baltar Blanco, Rosendo Luís Fernández Fernández, Jorge Pumar Tesouro, José Antonio Feijóo Alonso, Pablo Pérez Pérez, María Consuelo Vispo Seara, Manuel Doval Soto, Antonio Montero Fernández, Plácido Álvarez Dobaño, Monserrat Lama Novoa, Juan Anta Rodríguez, Teresa Cerdeira Valiñas, Ana Villarino Pardo e Miguel Antonio Cid Álvarez.

PSOE: Francisco José Fraga Civeira, Vicente Gómez García, Elvira Lama Fernández, Miguel Bautista Carballo, Isabel Gil Álvarez, José Ignacio Gómez Pérez, Adolfo González Nóvoa e Susana Rodríguez Suárez.

DO: Gonzalo Pérez Jácome e Armando Ojea Bouzo.

BNG: Ramiro Rodríguez Suárez.

14 de xullo de 2015 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.