Mañá iníciase a pavimentación do ámbito da avenida de Vigo
O Concello de Pontevedra inicia mañá os traballos para acometer a pavimentación do desdobramento da avenida de Vigo, da avenida da Estación e da confluencia desta con Fernández Ladreda así como a propia avenida de Vigo. Son traballos de grande envergadura que se realizarán gradualmente durante dúas semanas para evitar o maior número de molestias aos veciños e dos comercios, co propósito de afectar o menos posible a garaxes e á actividade comercial neste ámbito.
Segundo o plan fixado pola Policía Local, os servizos de enxeñería do Concello e das empresas concesionarias, dende mañá farase o fresado de todo o ámbito, e a última semana de xullo será o asfaltado.
O fresado
O fresado comeza mañá e prolongarase até o xoves. Abarcará todas as rúas: avenida da Estación, cruzamento con Fernández Ladreda, Fernando II (parte) e avenida de Vigo.
A avenida de Vigo será a primeira en fresarse. Farase ao longo da xornada, pero en dous tramos horarios: de 08.00 a 14.00 horas entre Fernández Ladreda e Herminia Fariña Cobián, e de 14 a 21 horas dende Herminia Fariña Cobián até o Luís Seoane. Con carácter xeral as entradas e saídas á cidade serán polo desdobramento da avenida de Vigo. No ámbito afectado, a Policía elaborou un plan específico para cada tramo horario. (Ver plano de mobilidade da Policía Local).
O mércores fresarase a avenida da Estación durante toda a semana. Queda habilitado un sentido desta avenida, pero hai cambios en todo o entorno. (Consultar plano da Policía Local).
O xoves 23, fresarase a rúa Fernando II, dende as 08.00 até as 13.30 horas. Salvo neste punto, o tráfico restaurarase en todo o ámbito.
O asfaltado
A seguinte semana farase o asfaltado das rúas fresadas na semana anterior así como o desdobramento da avenida de Vigo e Luís Seoane. Os traballos faranse durante toda a semana. O resume das pavimentacións é o seguinte (consultar detalles nos planos da Policía Local):
• 27 xullo: avenida da Estación
• 28 de xullo: avenida da Estación e Fernando II.
• 29 de xullo: avenida de Vigo
o 08.00-14.00 horas: rúa Estación até Herminia Fariña Cobián.
o 14.00-21.00 horas: dende Herminia Fariña Cobián até Luís Seoane
• 30 e 31 de xullo: desdobramento da avenida de Vigo e Luís Seoane.











