Máis dunha trintena de atletas da Ximnástica estarán no Campionato de Galicia de atletismo
O complexo deportivo de Monterrei, no Concello de Pereiro de Aguiar, en Ourense, acolle o vindeiro sábado o Campionato de Galicia absoluto de atletismo; unha das citas máis importantes do atletismo galego e que contará coas principais figuras da veterana Sociedade, que tentarán mellorar as 13 medallas cultivadas o ano pasado, aínda que será complicado.
Víctor Gallego irá á caza dos dous metais aos que aspira, nos lanzamentos de disco e de peso. Coa bóla de ferro buscará outro título máis de Campión galego e chegar de novo aos 17 metros, xunto co seu compañeiro David Rocha, pode haber dúas preseas; mentres que co disco terá en fronte a un duro rival como Frank Casañas, aínda que tamén hai posibilidade de dous metais, xa que estará Martín Brea, que tamén pode ser podio.
Na especialidade de marcha, tanto Eva Iglesias, en categoría feminina, como David Veiga; poden sumar senllos metais para a Sociedade Ximnástica.
O salto con pértega é outra das especialidades que sempre deu medallas para Pontevedra, Clara Gil, Inés Martínez e Paula Martín; xunto cos mozos, Santi Ferrer e David Ferrer; poden conseguir dous ou tres postos de podio.
Jorge Puig nos 800 metros e Iván Docampo nos 5.000 metros; aspiran a medallas nas carreiras lisas; o mesmo que as mulleres, Barca Toba nos 5.000 metros e Rocío Rodríguez nos 1.500 metros.
Darío Costas, vén de conseguir o título nacional júnior en Decatlon. No salto de altura e posiblemente nos 100 metros, pode conseguir algunha medalla.
David Ferrer está na terna de favoritos a chapa no salto de lonxitude, aínda que en fronte terá a outra das estrelas do Campionato, Jean Marie Okutu.
Hai outros atletas que poden loitar polas medallas como Alex Solla nos 110 metros valas e salto de lonxitude, Ángel Vargas nos 400 metros.
Ás dez e media da mañá comezará o Campionato, que terá o seu parón despois das substitucións 4×100, ás 13:30 horas e continuará ás seis da tarde para concluír pasadas as nove e media da noite cos 4×400.











