Máis de 200 persoas e 60 establecementos participan no I Carnaval de verán do Carballiño
O Carballiño celebrará esta fin de semana, en concreto o sábado 18 de xullo, o I Carnaval de Verán, impulsado dende O Concello que participen 200 persoas no desfile de charangas e comparsas, e no que están implicados 60 establecementos hostaleiros da vila.
O Carnaval comezará pola mañá, ás 11:00 horas na Praza Maior, coa festa infantil, onde non faltará a animación e os agasallos para os nenos participantes. Agasallos xentileza do Centro Comercial Aberto do Carballiño. Tamén terán os nenos o DJ Tibu que animará a festa con música, e obradoiros de disfraces.
Xa pola tarde, dende as 20:00 horas, comezará o I Desfile de Entroido de Verán, que partirá dende a Praza da Veracruz, baixando por Curros Enríquez, Rosalía de Castro e Tomás María Mosquera, para finalizar nunha festa da praza maior, tamén co DJ Guilly De Melo encargado de pór a nota músical.
No desfile partciparán un total de 6 comparsas, Lumareda, Lo que el viento se llevó, Os Nevadiños, os Arreiriños, os Azucarados e os Liborianos. Xunto a estas comparsas desfilarán as dúas charangas da vila, e unha batucada. Así mesmo dende a Área de Ocio lembran que todas as persoas que queiran participar neste desfile poderán facelo, o único requisito, levar disfraz.
Os organizadores estableceron 5 premios de 200 euros para as comparsas máis animadas.
Dende a mesma hora, ás 20:00, os bares participantes nesta actividade, uns 60 e todos eles identificados cun distintivo da festa, iniciarán a festa da cerveza, ofrecendo a caña a 1 euro a tódalas persoas que acudan disfrazadas.
Os responsables municipais lembran que é a primeira edición deste carnaval de verán, e animan a tódolos veciños e visitantes a que acudan a esta cita lúdica do Carballiño que pretende institucionalizarse como una cita ineludible do calendario festivo “e devolver ó Carballiño o titulo de capital ourensá do verán”.











