publicidade hoxe

Máis de 20 bandas galegas compiten no concurso da Fábrica de Santa Cristina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

Desde principios de xullo a terraza da Fábrica de Santa Cristina converteuse en todo un foco de interese para as bandas locais. Ao seu programa de actuacións en directo, con concertos os xoves a partir das 22.00 h e os domingos en sesión vermú, sumouse un concurso de bandas musicais que está a ser todo un éxito entre a escena local coruñesa.

A través do seu concurso de bandas A Fábrica de Santa Cristina proponse dar un empuxón ás bandas que están a empezar a súa andaina, ofrecéndolle á banda máis votada un espazo para tocar, un premio de 300 € e unha cea no propio restaurante.

O concurso, ao que se pode acceder a través da páxina de Facebook da Fábrica, conta xa con 21 bandas participantes, entre as que atopamos algunhas de certo renome como os coruñeses de Proxecto Kournicova, o redondelano Martín Maez ou o vigués Samuel Leví.

O concurso realízase a través dunha aplicación á que se pode acceder desde a páxina de Facebook da Fábrica. A actuación do premiado poderá verse en directo o 27 de agosto.

Trátase dunha nova iniciativa do destacado restaurante de Santa Cristina que, desde que foi asumido polo Grupo Carpe Diem, quixo renovar o proxecto cunha aposta pola profesionalización do equipo, a orientación ao cliente, a cociña de calidade e, sobre todo, a aposta de crear un espazo de innovación gastronómica para todos os públicos.

28 de xullo de 2015 | 11:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.