publicidade hoxe

Máis de 120 persoas velarán pola seguridade na Festa do Pulpo do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O plan de autoprotección para a 53 edición da Festa do Pulpo foi aprobado no día de hoxe, e no que estarán implicadas más de 120 persoas, de distintos corpos e forzas de seguridade así como persoal do propio concello do Carballiño.

Neste plan de protección interveñen a Garda Civil, a garda civil de Tráfico, policía autonómica, policía local, voluntarios de protección civil, grumir, cruz bermella e persoal sanitario. O Plan contempla varias secciones de actuación, dende a seguridade orden público e ordenación do tráfico, ata a extinción de incendios e salvamento, e por su posto o persoal sanitario que contará cun posto médico avanzado, catro ambulancias asistenciais, así como o apoio do PAC do Carballiño e a centrol de urxencias médicas 061. Tamén está habilitado un helipuerto para la posible evacuación de accidentados ou enfermos.

Para esta edición da Festa do Pulpo se contará cun total de 27 vehículos, repartidos entre las distintas forzas de vixilancia, salvamento e orden público. Así entre este efectivos atopase dende vehículos de extinción de incendios forestais, ata as xa mencionadas ambulacias medicalizadas e incluso duas embarcaións por si fora necesario intervir en algún percance na zona do río Arenteiro, próxima ó lugar de celebración da romaría da Festa do Pulpo.

Este plan de autoprotección foi elaborado ca prevision de asistencia de público de máis de 70.000 persoas, sendo a maioria delas xente que chegará de fora do Carballiño, o que implica unhas maiores medidades de seguridade así como da ordenación do tráfico.

30 de xullo de 2015 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.