publicidade hoxe

Máis de 100 rapaces participaron durante o mes de xullo nos cursos de natación de Carral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

Ao longo da mañá do venres a concellaría de deportes de Carral clausurou os cursos de natación que transcorreron ao longo do mes de xullo. Foron 102 os nenos inscritos durante este mes os que aprenderon e/ou perfeccionado as súas habilidades no medio acuático.

Os cursos organizáronse en grupos segundo as idades, e dentro de cada grupo establecéronse os niveis de iniciación e de perfeccionamento. Impartíronse en horario de mañá, en catro grupos (grp.1 de 10.30 a 11.15 h, grp.2 de 11.30 a 12.15, grp.3 de 12.15 a 13.00 h e grp.4 de 13.15 a 14.00 h), por monitores especialistas na modalidade cunha duración de 45 minutos por sesión de luns a venres.

A entrega de medallas e diplomas a todos os cursillistas correu a cargo do concelleiro de deportes, Rubén Regueira, que eloxiou o esforzo e a aprendizaxe demostrada ao longo do mes por todos os alumnos/as.

Natación en agosto,

Por outra banda, o luns comezan os cursos natación do mes de agosto que se prolongarán até o luns 31 do mesmo mes. Para este novo curso son xa 70 os alumnos inscritos, moitos deles anotados tamén durante o mes de xullo.

 Estes cursos impartiranse de luns a venres ao longo da mañá en tres grupos segundo as idades (grp.1 de 11.45 a 12.30 h, grp.2 de 12.30 a 13.15 e grp.3 de 13.15 a 14.00 h). Dentro de cada grupo impartirase un nivel de iniciación e outro de perfeccionamento, como no mes anterior.

31 de xullo de 2015 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.