Localizan na escola infantil de Miño un niño de avispas asiáticas
Un niño de avispas asiáticas foi localizado na escola infantil da Ceboliña de Miño, de titularidade municipal, segundo ratificou Estefanía Cruz, unha das traballadoras do centro. Segundo explicou, o departamento de Servizos Sociais do Consistorio xa foi alertado e tamén o 112, de forma que se procederá a retirar o niño nas próximas horas.
Cando a empresa encargada da retirada chegue ao centro decidirá se retira o enxame xa de inmediato ou pola tarde, para garantir a seguridade dos ao redor de 40 nenos que hai no centro. En todo caso, a traballadora do centro sinalou que os menores, que están “en clase e coas xanelas pechadas”, non corren “absolutamente ningún perigo”.