Lara convértese na segunda renovación laranxa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+
Renovación de Lara

Renovación de Lara

A ala viveirense Lara Balseiro cumprirá a sexta tempada vestindo de laranxa. A xogadora mariñá, de 22 anos, asinou a renovación co CD Burela FS Pescados Rubén para 2015-16 na sede laranxa xunto ao presidente, Manuel Blanco, e o directivo José Ángel Dovale.

“Burela sempre foi a miña primeira opción e  alegreime de que o equipo quixera seguir contando comigo” recoñecía Lara. Tras un final de liga un pouco complicado, cunha lesión de nocello latosa que lle impediu gozar dos últimos compromisos, a viveirense amósase con ganas de saltar á pista: “Aproveitarei o verán para poñerme a punto para pretempada; seguirei traballando para mellorar nun equipo que espero que sexa o de sempre, loitando por todo”.

Con Peque, Lara convértese na segunda renovación burelista para a nova campaña. “A pesar da súa xuventude, Lara xa é toda unha veterana no equipo, que representa fielmente a filosofía da entidade; unha xogadora da comarca que medrou con nós, un perfecto reflexo para todas as nenas da Mariña ás que lles gusta o fútbol sala”, valorou así Manuel Blanco a continuidade da 10 laranxa.

9 de xullo de 2015 | 11:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.