Jurjo Torres Santomé presenta na Guarda a charla “De formar crentes e formar cidadáns: unha mirada crítica dende a pedagoxía”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O próximo xoves, 23 de xullo, o Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación e Catedrático de Didáctica e Organización Escolar no Departamento de Pedagoxía e Didáctica na Universidade da Coruña, do que é director, presenta a charla “De formar crentes e formar cidadáns: unha mirada crítica dende a pedagoxía”, dentro do ciclo organizado polo Concello da Guarda “Diálogos de Educación”.

En esta terceira conferencia, como sucedeu nas anteriores, espérase que sexan moitos os mestres e mestras os que cheguen de diferentes puntos de Galicia. Estas charlas están concibidas como tertulias-coloquios informais nos que poden participar tanto o ponente coma os interlocutores.

Como todas as conferencias que forman parte de este ciclo, terá lugar no colexio PP. Xesuítas da Pasaxe, en Camposancos, e comezarás ás 21 horas.

A seguinte cita será o 30 de xullo coa conferencia “Mestres e mestras republicanos: O compromiso coa modernidade educativa” da man de Xosé Manuel Cid Fernández, catedrático da Universidade de Vigo. Despois as charlas serán o 20 e 27 de agosto e o 3 e 10 de setembro.

21 de xullo de 2015 | 10:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.