Jorge Casales logra o primeiro podio na máxima categoría do Mundial de Trial

Jorge Casales
O galego Jorge Casales celebrou o día de Galicia, 25 de xullo, logrando o seu primeiro podio na máxima categoría do Mundial de Trial na primeira xornada da proba do Mundial de Trial celebrada en EEUU, sendo unicamente superado polo múltiple Campión do Mundo Toni Bou e por Adam Raga, os dous primeiros clasificados da provisional do Mundial.
Na segunda xornada disputada o domingo Casales finalizou na 7ª posición.
O Mundial retomarase no mes de setembro coas probas que se disputarán en Portugal os días 5 e 6 de setembro e a última en Galicia os días 12 e 13 de setembro, concretamente na localidade de Teo. Na que a afección galega terá a oportunidade de animar e ver en acción nunha proba do Mundial ao mellor piloto galego de Trial de todos os tempos











