Jacobo Montes prepara a pretemporada do Alondras con 26 xogadores
A última hora desta tarde o Alondras CF tivo a súaprimeira sesión preparatoria de cara a tempada 2015/16 que se presenta máis ilusionante que nunca para o equipo blanquivermello.
Nestaprimeira toma de contacto o novo adestrador alondrista, Jacobo Montes, citouaosxogadores renovados do último curso: Martín, Rubén, Leiro, Casti, Pitu, Iván, Berros, Abel, Firi, Joni, Mauro e Andrés, ós que se suman as novas fichaxes: o porteiro Lorenzo, o central Fiuza, o dianteiroBenja, o mediapunta Diego Diz e o extremo esquerdo Rafita. Taménfarán a pretemporada, tentándose facer un oco no primeiro equipo, os rapaces recénsaídos do equipo xuvenil Pol, Sote, Champi, Sergio Pousa, Beto e Christian. Igual situación teñen Colmenero e Serxio que xogaban no Rápido Bahía a pasada campaña e Mape que ven de ascender coDomaio a Rexional Preferente. Con quen non puido contar Montes foico central Javi, tras aceptar unha oferta de 2ªB co Compostela. Un total de 26 efectivos que estarán a disposición de Jacobo Montes durante estas seis semanas de traballo que quedan por diante, antes de que de comezo a nova campaña, que con case toda seguridade, se iniciará a fin de semana do 22 e 23 de agosto.
Mais antes o Alondras disputará varios encontros amigables. O primeiro deles será o domingo 26 contra o Moaña, en O Casal e o mércores 29 o Areas visitará O Morrazo. Xa en agosto, o domingo día 2 visitarán o campo de A Granxa para medirse coDomaio. O 5 de agosto xogan en Redondela ante o Choco e o 8 desplázanse ata Mondariz. O domingo 12 xogarán contra un equipo de 2ªB que aínda está por definir, mentres que na fin de semana do 15 e 16 afrontarán o Trofeo da Mancomunidade. O último encontro amigable está programado para o 2 se setembro, o do Trofeo Vila de Cangas que se diputará coa liga xa en curso.











