Iníciase o proceso de invitación para as obras de pavimentación do vial a Mourisca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

O Concello de Bueu está levando a cabo varias obras de acondicionamento de camiños do rural. Tras os arranxos de varios viais en Cela e Beluso, no día de hoxe procedeuse á invitación directa de varias empresas para levar a cabo as obras de pavimentación do vial que dá acceso a Mourisca, en Beluso, e do que une o lugar do Norte coa Cividade. A partir do recibimento da invitación, disporán de oito días naturais para presentar a oferta económica. Estas obras, con cargo ao PPOS 2015 conta cun orzamento de 26.265 euros, IVE incluído.

O vial atópase actualmente cun asfaltado en mal estado debido ás intensas chuvias e ao mal tempo, polo que o Concello estableceu a necesidade de rehabilitalo, sobre todo para que as persoas con mobilidade reducida teñan a superficie máis plana. En canto ao vial do Norte, atópase nunhas circunstancias semellantes.

O prazo de execución que se establece no proxecto elaborado por técnicos municipais é dun mes a partir da sinatura do contrato. Nestas obras, vaise realizar un movemento de terras, instalación de tuberías e pavimento de asfalto.

14 de xullo de 2015 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.