publicidade hoxe

Inícianse os preparativos para a Festa do Pan do Salnés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioRibadumia
A-
A+

As concellerías de Cultura e de Eventos  do Concello de Ribadumia xa levan semanas preparando a programación da XIV Festa do Pan do Salnés, que se celebrará o próximo sábado 8 de agosto. Esta edición presenta a novidade de que os panadeiros de Ribadumia e os seus produtos serán os verdadeiros protagonistas da festa. Todos os visitantes poderán adquirir e degustar dende diferentes tipo de pan, empanadas variadas e postres típicos elaborados nas panaderías do Concello, todo elo a prezos populares. “No primeiro momento en que nos puxemos a traballar coa festa acordamos que os panadeiros de Ribadumia tiñan que estar presentes na festa do pan”, asegura Mar Moimenta, concelleira de Eventos.

Ademais, coma en edicións anteriores, os que desexen quedar a cear tamén disporán de ovos con pan de millo a un euro e botella de viño tinto de Barrantes a 1,50€; e que se poderán adquirir por separado. Ademais, a Carballeira de Ribadumia disporá de sillas e mesas para acomodar aos comensais. 

Ao igual que en anos anteriores, tamén se incluirán os concursos de postres caseiros e de empanadas –ambos elaborados a partir de pan-, e que se presentarán o mesmo día da celebración na Casa da Cultura de Ribadumia. 

No que respecta ó concurso de empanadas  -que este ano se constitúe como a sétima edición-, as bases recollen que deben estar elaboradas con fariña de millo, sendo de libre elección os ingredientes de recheo. Cada persoa pode entregar como máximo unha empanada, que debe presentar o mesmo día da festa en prato ou bandexa cos datos da persoa nun sobre branco e pechado (nome, apelidos, dirección e teléfono). O xurado, que estará integrado por panadeiros e algún representante do Concello, fallará o concurso e entregará para o 1º posto un premio de 150 € e para o 2º un premio de 70€. 

Pola súa parte, os interesados en participar no concurso de postres caseiros deberán confeccionar un postre que conte co pan como un dos ingredientes. Ao igual que as empanadas, os postres presentaranse na Casa da Cultura de Ribadumia o mesmo día da festa e irá acompañado por un sobre cos datos dos participantes. Os premios son de 100€ para o primeiro e 50€ para o segundo.  

A concelleira de Cultura, Mar Rey, asegura que “intentamos facer unha programación con propostas para todos os públicos e onde se combine paisaxe, gastronomía, teatro e música”.

Pola súa parte, a concelleira de Eventos, Mar Moimenta, espera “que a festa sexa do agrado de todos os veciños de Ribadumia e das persoas que veñan a visitarnos o día da festa”. 

24 de xullo de 2015 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.