Inaugúrase en Ferrol a exposición de pintura e fotografa “Historias ao longo do Camiño Inglés”
A Sala de Exposicións da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao acollerá hoxe ás 20:30 a inauguración da exposición de pintura e fotografa “Historias ao longo do Camiño Inglés” organizada pola Asociación Cultural e Artística Ti e Máis Eu Teatro coa colaboración da Autoridade Portuaria e os Concellos de Ferrol, Fene, Pontedeume e Betanzos entre outros.
Dita exposición é o resultado da actividade multidisciplinar do mesmo nome, que percorreu a senda xacobea no mes de marzo desde a cidade departamental até a tumba do apóstolo coas explicacións de “O peregrino viaxeiro” e as interpretacións de sketchs teatrais a cargo de Ti e Máis Eu Teatro, contando tamén con actividades musicais, gastronómicas e o concurso de pintura e fotografía resultadando a exposición que permanecerá aberta até o 7 de agosto en horarios de 12 a 14 e de 19 a 21 h.
Ti e Máis Eu Teatro, declarada entidade de promoción oficial do Camiño de Santiago pola Xunta de Galicia, resalta o éxito de público da actividade e de que esta conseguise unir a distintos concellos da senda xacobea para a promoción da mesma e esperan que en próximas edicións obter o apoio de máis axentes, tanto públicos como privados para potenciar o Camiño.