Inaugúrase a primeira Santiago Futsal Talent Factory en Xapón

Santiago Futsal Talent Factory en Xapón
Tras estar durante cinco días convivindo con equipos e nenos de Nagasaki e Saga, Santi Valladares foi o invitado estrela do primeiro campus da pioneira escola do Santiago Futsal fóra de España, o Santiago Futsal Talent Factory en Xapón. Ademais deste campus que durará unha semana Santi Valladares ofrecerá numerosos relatorios e clinics noutras cidades como Fukuoka e Tokio. Para o Santiago Futsal é un orgullo que nenos de todo o mundo vistan o escudo do club promocionando tamén Galicia, cuxo logo loce en todos os equipamentos adestramento.











