Inaugúrase a 24ª Mostra de Artesanía de Cangas do Morrazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Hoxe venres, ás 20:00 horas, terá lugar na explanada do paseo marítimo a inauguración da 24ª edición de la Mostra de Artesanía de Cangas do Morrazo, un acto ao que tamén acudirá o concelleiro de Cultura, Heitor Mera. Este evento, organizado dende 1991 pola Asociación para el Impulso de la Artesanía en Galicia (AFIGA) conta coa colaboración do Concello de Cangas e a Fundación Centro Galego de Artesanía e Deseño.

Xoiaría, marroquinería, cristais, cerámica, marquetería, xoguetes, xabóns, roupa ou encaixe son algúns dos produtos que acolle ARGALICA, como cada ano, expostos nos  máis de 30 talleres artesáns de produtos elaborados tanto desde oficios tradicionais como de deseños artesáns. Ademais, esta edición contará con máis expositores, a metade deles renovados, e o emprazamento será máis cómodo tanto para expositores como para os viandantes.

O evento contará con diferentes actividades: haberá exhibicións de oficios artesáns, concertos, presentacións de libros e o Salón da Peza Única. Tamén prepararán unha gran “paella solidaria” co fin de doar todo o obtido ao Banco de Alimentos, e un día estará dedicado ás mascotas, organizado conxuntamente coas protectoras. Como novidade, este ano habilitarase unha zona WIFI pública para uso dos visitantes.

A un ano de celebrar as vodas de prata, ARGALICA quere centrarse en mellorar a calidade dos expositores, mellorar os servizos e abrir portas para acadar unha Mostra que integre artesanía, libros e gastronomía na 25ª edición.

24 de xullo de 2015 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.