Iago López presenta o seu proxecto Rumbo a Río 2016

Iago López na presentación de Rumbo a Río
Estes días, aproveitando un curto descanso na súa programación competitiva tras a súa chegada do Europeo en Portugal, o regatista IAGO LÓPEZ está a gozar na súa casa e o seu club dunhas máis que merecidas vacacións. Ademais ofreceu ás vitrinas do club e para goce de todos os socios/as, a medalla de ouro gañada recentemente nunha das probas EUROSAF Sailing xunto o seu compañeiro Diego Botín e o trofeo que o acredita como terceiro clasificado no Cto de España da clase 49er.
Unha estupenda progresión deportiva a destes dous estupendos regatistas e mellor persoas que estamos convencidos, de seguir así, levaralles camiño de Río 2016 sendo así o primeiro representante da historia do noso club en participar nunhas olimpíadas. O Secretario Xeral para o Deporte D. José Ramón Lete quixo mostrar o seu apoio persoalmente coa súa presenza e no seu discurso anunciou cambios é a distribución das axudas de forma que estás cheguen aos deportistas de forma directa.
Tamén o Alcalde, D. Luís Oujo quixo ofrecer o seu apoio a este gran representante e fillo de Porto do Son desexándolle a maior das sortes posibles.
Doutra banda tamén IAGO LÓPEZ MARRA tivo unhas palabras para todos contando o seu proxecto e difícil tarefa que ten por diante que tería o seu momento cume no mes de novembro e febreiro coa consecución da única praza en disputa sendo os seus grandes rivais a tamén tripulación galega dos irmáns Paz e os asturianos irmáns Alonso.
Quixo terminar o acto D. Fernando González, Presidente do R.C.N. Portosín, agradecendo os apoios de todos os presentes e desexando o mellor nos seus futuros e presente proxecto ao noso amigo, regatista e representante IAGO LÓPEZ MARRA.











