Horario de apertura do centro de interpretación de Agrelo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

Desde o pasado sábado, a vila buenense conta cun novo centro de interpretación, o de Agrelo. O antigo matadoiro municipal e sede da protección civil foi rehabilitado para dar difusión ao Bueu costeiro, ao contar cunha situación privilexiada, formando parte do Sendeiro do Litoral. Este centro súmase ao Parque Nacional Marítimo Terrestre da Illa de Ons, a Aula de Natureza Cabo Udra, a salgadura de Mourisca e o Museo Massó, os atractivos turísticos máis emblemáticos.

Así, o horario de visita será os venres de 19 a 21 horas, e os sábados, domingos e festivos de 11 a 20 horas.  Nestes días, os visitantes poderán ver unha construción orixinal a partir dunha imaxe de liña de metro ou autobús con paradas, nas que aparecen os lugares de interese. Con este centro, complementario ao de Cabo Udra, o Concello vai incrementando esa idea de creación da “marca Bueu” na que se engloban todos os produtos e recursos propios.

 

21 de xullo de 2015 | 10:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.