Helen Doron English abrirá o seu primeiro centro en Vilagarcía de Arousa
A multinacional Helen Doron English, que este ano cumpre 30 anos, ten prevista a apertura do seu primeiro centro en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), que se sumará aos 19 novos que planea abrir para o próximo curso 2015-2016 en España. A empresa, que ten 65 centros en España, ten un persoal de 400 empregados e prevé a creación de entre 60 e 70 novos postos de traballo para o 2015. A franquía pasou de oito escolas en 2009 a 65 repartidas por toda a xeografía española.
En canto á evolución en número de alumnos, pasou de 1.372 en 2009 aos 10.000 matriculados no curso 2014-2015, cifra que multiplicou por sete o número de nenos que aprenden inglés con este método.
A multinacional naceu fai 30 anos, cando Helen Doron, lingüista e profesora de inglés, comezou a investigar sobre o Método Suzuki que seguía a súa filla para aprender a tocar o violín. Impresionoulle como funcionaba e atopou nos seus principios a inspiración para desenvolver o seu propio método de ensino de inglés a nenos pequenos.
Esta metodoloxía de aprendizaxe do inglés para os máis pequenos imita os procesos de adquisición da lingua materna e permite aos nenos aprender inglés de forma natural e espontánea. Ofrece programas de inglés desde os 3 meses aos 18 anos e está presente en 34 países con máis de 800 centros de ensino repartidos polos diferentes puntos da xeografía mundial.











