Gran éxito de participación no Torneo Ipadel Aemos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

250 persoas déronse cita estes días nas instalacións do Club Ipadel de Mos para participar do II Torneo Ipadel Aemos que concluía onte coas finais do seis categorías disputadas, 3 en masculino, 2 en feminino e unha mixta. Independentemente de quen gañe, para a Asociación de Empresarios de Mos a iniciativa, que se repite por segundo ano consecutivo, foi todo un éxito e por iso están “moi satisfeitos”. “O que buscamos con accións como esta é avanzar no noso compromiso social, favorecer a cohesión, o coñecemento entre toda a comunidade empresarial e interactuar. E é que despois de nosa principal labor queremos impulsar outras iniciativas que favorezan a interacción e a participación entre todos”, explica Francisco Domínguez, xerente de Aemos.

Cada vez é máis crecente o número de persoas que practican padel, “rexistrouse unha moi boa participación, tanto empresarios como traballadores de Mos e a súa contorna, aínda tendo en conta que coincidiu coa celebración doutros torneos”.

E para proxectar esa cohesión social, Aemos tamén dispuxo dunha pista propia, corporativa da asociación, “como lugar de encontro de todas aquelas persoas que ven no deporte unha válvula de escape ou relaxación”. Neste sentido, desde Aemos destacan o feito de “que cada vez sexan máis as empresas colaboradoras con eventos deste tipo, sendo elas mesmas quen o demandan”. Neste caso concreto, o compromiso das 25 entidades colaboradoras fundamentouse en achegar algún tipo de produto e/ou servizo vinculado á súa actividade profesional, “por iso é polo que houbo agasallo non só para os gañadores senón para todos os participantes, alargándose até unha hora a entrega de premios”, subliña Domínguez.

O éxito deste torneo foi tal que xa se pensa na terceira edición. “Porque valores como a cohesión, o coñecemento ou a participación que estimulan a práctica deportiva son análogos ao desenvolvemento profesional”.

Os campións e subcampións foron, respectivamente: en 1ª masculina David García e Nano Alonso e Nico García e Héctor Guisande; en 2ª masculina Seve Represas e Manuel Fernández e Quique Torrón e Daniel Ortiz; en 3ª masculina Manuel Pérez e Jose Lobera e Alejandro Pérez e Javier Riobó; en 2ª feminina Marina Rustullet e Esther González e Eva Pontes e Sandra Reguera; en 3ª feminina Marisela Viso e Beatriz Rey e Araceli Obispo e Eva Madariaga e en categoría mixta os gañadores foron Rita Pena e Arturo Hermida e en segundo posto quedaron Noelia Martínez e Enrique Curbera.

20 de xullo de 2015 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.