Gran éxito de participación na VIII edición do Campus de Fútbol Municipal da Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

As actividades culturais e deportivas de verán que organiza o Concello da Laracha están a ter rotundos éxitos de participación desde que comezou a desenvolverse o programa a primeiros do presente mes de xullo.

O campus de fútbol se vén desenvolvendo desde o pasado luns e durante toda a semana no Campo Municipal da Laracha -e que neste ano alcanza a súa oitava edición- conta con máis dun centenar de participantes entre as dúas quendas: a primeira, dirixida a nenos de 5 a 9 anos de idade (de 10:00 a 12:00 horas) e, a segunda, para rapaces de 10 a 15 anos (de 12:00 a 14:00). 

Desde onte luns e ata mañá sábado os rapaces están a realizar, baixo a supervisión de técnicos e monitores, diferentes actividades lúdico-deportivas sempre coa práctica do fútbol como marco referente. Ademais de divertirse, os participantes poden mellorar as súas cualidades físicas, técnicas e tácticas.

José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha e Patricia Bello, concelleira de Deportes visitaron hoxe aos participantes no campus. 

A inscrición nesta actividade, como a maioría das que organiza o Concello da Laracha durante o verán, foi gratuíta.

17 de xullo de 2015 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.