publicidade hoxe

Frades presenta a súa programación de verán con medio cento de actividades para todos os gustos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

O Concello de Frades vén de presentar a súa programación para o verán 2015, que recolle case medio cento de actividades para todos os gustos e idades. Iniciativas que van dende unha quincena de excursións, a media ducia de actividades deportivas e numerosas iniciativas dirixidas aos máis pequenos, con programa de conciliación familiar incluído. Unhas actividades que se poden consultar na web municipal: www.concellodefrades.es.

Nesta ocasión, o Programa de Verán de Frades mantén as actividades tradicionais e que tanto éxito tiveron estes anos como os Xoves de Praia, dúas excursións ao Aquapark, o Día do Neno, a excursión multiaventura e as actividades deportivas: campionato municipal de pesca infantil, maratón de fútbol 7, cursos de natación, maratón de fútbol, Día da Bicicleta e campionato de pádel. Así mesmo, retoma iniciativas postas en marcha en 2014 e que tiveron unha gran participación veciñal, como a Festa da Xuventude, o Torneo de Tenis, a Festa Xogueteira ou a Festa da Auga.

No capítulo de novidades, este ano haberá unha excursión á Ribeira Sacra o 12 de xullo, con viaxe en catamarán e visita a adega incluídos. Ademais, do 18 ao 20 de setembro terá lugar unha viaxe ao País Vasco e Burgos, para a que haberá que anotarse antes do 4 de setembro. Así mesmo, durante o verán haberá cursos de bixutería, broches con fimo, fofuchas, pádel, zumba, aquagym e actividades en inglés, que se unen aos habituais cursos formativos de preparación do graduado en ESO, informática e manipulador de alimentos. 

2 de xullo de 2015 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.