publicidade hoxe

Finaliza en Castrelo o programa Ribeiro do Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de Miño
A-
A+
Clausura do programa

Clausura do programa

O programa Ribeiro do Miño celebrou na casa de cultura de Moreiras (Toén) a súa xornada de clausura. Na mesma as personas participantes recibiron os diplomas de participación nas diversas accións formativas nas que participaron ao longo deste ano de formación,  que comenzaba en agosto do 2014 e que agora remata. 

Peón forestal, Operario agrícola e vitivinícola e Auxiliar de xardinaria e horticultura foron tres dos cerca de 15 cursos formativos nos que poideron participar e entre os que tamen se incluen hixiene alimentaria en adegas, prevención de riscos laboráis, conducción e manexo de carretillas elevadoras, aplicación de produtos fitosanitarios, ademáis de xornadas técnicas relacionadas co autoemprego e co manexo da Rede 2.0 para a busca dun traballo. 

A data de finalización deste programa integrado de emprego subvencionado pola Xunta de Galicia, no que participaron 60 personas dos tres Concellos, Castrelo de Miño, Cenlle e Toén, cabe destacar que arredor do 40% dos e das participantes atoparon un emprego ou crearon a sua propia empresa.

27 de xullo de 2015 | 20:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.