Festas de San Liborio en Cela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Do 1 ó 3 de agosto a parroquia de Cela celebrará as Festas na Honra de San Liborio. Celebraranse concretamente no Alto de San Cosme. O sábado 1 de agosto ás 13.30 horas haberá unha gran tirada de fogos e ás 21.30 horas gran verbena amenizada polas orquestras Xente Nova e Televisión.

O domingo, día 2, ás 11.00 horas fará entrada no recinto de festas a Banda de Música Popular de Rubiós e ás 13.00 horas dita banda dará o seu concerto. A verbena dará comezo ás 20.30 horas e contará coas actuacións das orquestras Marbella e Pontevedra.

O luns 3 de agosto ás 11.00 horas fará a súa entrada no recinto de festas a Banda Xuvenil de Xinzo dando un concerto ás 13.00 horas. O fin de festa chegará ás 21.00 horas coa gran verbena amenizada musicalmente polas orquestras Gran Parada e Xacobeo. 

30 de xullo de 2015 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.